quinta-feira, 6 de setembro de 2007

disney 1


chegamos a disnei moi cediño porque os maiores din que hai moito para ver. laura está emocionada e corre de un lado a outro subindose en todo. non para de sorrir do contenta que está. soben ao tiovivo, vamos de viaxe polas estrelas con peter pan, coñecemos a casa de pinocho. divertímonos como nunca no mundo de alicia onde case me colle unha carta e me levan a que me corten a cabeza.
por sorte consigo escapar e escondome no rabo do gato de cheshire

recupero o alento no medio destas coles lilas tan estrañas...xa sabemos que os franceses sempre foron pioneiros nisto da alimentación.




e percorremos os paseos de muiños, castelos, fadas, princesas, principes, bonecos de madeira, alfombras voadoras...todo é máxico aqui. paramos a comer na casa da cinzenta e temos un pequeno enfrontamento coa rata que desde que se dedica a levar a carroza ten bastantes fumes de grandeza e non lle firma un autógrafo a laura e ven chorando. tento morderlle o rabo pero os maiores indignados recollen as cousas para ir en busca de un mickey ou un pluto que lle borre as lágrimas á pequena. encontramos un pobo do oeste con unha casa do terror e alá nos vamos...

Etiquetas:

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial